O Concello de Viveiro deu xa comezo á programación das súas festas patronais 2023

AMariñaXa
O Concello de Viveiro presentou a programación completa das súas Festas Patronais 2022 que serán tres semanas no mes de agosto
presentacion festas viveiro 2023
presentacion festas viveiro 2023
5 ago 2023

O Concello de Viveiro deu xa comezo á programación das súas festas patronais 2023, que encherán o municipio de concertos, pasarrúas, actividades e espectáculos de todo tipo.

“Estas festas serán, un ano máis, un lugar de encontro para os veciños de Viveiro, os familiares que viven fóra o resto do ano e os turistas que chegan á nosa vila”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

“Como cada ano, buscamos unha programación ecléctica para cubrir os gustos de toda a veciñanza, apostando pola cultura local e feita en Galicia, pero traendo tamén artistas do panorama nacional”, afirma pola súa parte a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

As festas comezan xa coa celebración dunha nova edición da Mostra Folclórica Internacional, e na vindeira semana do 7 de agosto acollerá diversos festivais, concertos e pasarrúas, ademais do karaoke 'Viveiro Canta'.

A lectura do pregón chegará o luns 14 de agosto, da man de David Catá. O artista multidisciplinar nado en Viveiro dará o pregón dende o balcón da Biblioteca Municipal ás 13:00 horas, e estará acompañado pola Banda de Música O Landro de Viveiro e a Banda Tau.

Entre os concertos máis destacados destas festas están os de Xosé Lois Romero e Aliboria o luns 14 de agosto ás 22:30, o de Lamatumbá o mércores 16 ás 22:00, ou o de Budiño o venres 18 ás 22:30, todos eles na praza Maior.

Finalmente, o sábado 19 de agosto, os xardíns Noriega Varela acollerán o Día da Cativada, con actividades para os nenos e nenas. Ese mesmo día terá lugar a representación do Teatro dos Irmáns Álvarez Quinteiro de balde no Teatro Pastor Díaz ás 20:30, e tamén o espectáculo de música e fotografías “60’ en +” da Asociación Fotográfica Os Negativos na praza Maior ás 22:30.