O Castañazo Rock de Chantada xa ten cartel definitivo para os vindeiros 27 e 28 de outubro

RibeiraSacraXa

O Castañazo Rock cumpre este ano a súa 30 edición, organizado pola Asociación Cultural O Castañazo e que se celebrará como nas anteriores en Chantada os días 27 e 28 de outubro.

Castañazo Rock
Castañazo Rock
18 ago 2023

O Castañazo Rock cumpre este ano a súa 30 edición, organizado pola Asociación Cultural O Castañazo e que se celebrará como nas anteriores en Chantada os días 27 e 28 de outubro.

Este Festival, que volve despois de tres anos sen celebrarse, antes da pandemia; quere consolidarse como un festival de música de referencia a nivel local, pero tamén a nivel autonómico e nacional da música rock, pero tamén doutras tipoloxías para adaptarse aos tempos.

Así, o venres 27 de outubro, o mercado gandeiro de Chantada acollerá as actuacións de Fillas de Cassandra, Narco, Tremenda Jauría, Lágrimas de Sangre, Rastreros e Grande Amore; mentres que o 28 será a quenda de Dakidarria, Mafalda, Tropa do Carallo, Sons of Aguirre & Scilla, Arrhythmia e Rebeliom do Inframundo.

Ademais das actuacións musicais, este evento incluirá cantos de taberna, pasacalles da man de Mecanika Rolling Band, sesións DJ con Saya, a organización do magosto para todos os veciños e o espectáculo Ourizo Infantil.

cartel castañazo rock