Arredor de 40 nenas participan do XVII Campus Xirandela de ximnasia rítmica

SarriaXa
O XXI Campus Club Xirandela remata hoxe despois de comenzar o 31 de xullo e nel participaron 39 nenas de entre 4 e 15 anos
club xirandela campus 2
club xirandela campus 2
4 ago 2023

O XXI Campus Club Xirandela remata hoxe despois de comenzar o 31 de xullo e nel participaron 39 nenas de entre 4 e 15 anos, durante o cal practicaron ximnasia rítmica.

Así, durante estes cinco días, as nenas da comarca de Sarria interesadas en seguir mellorando a súa técnica deportiva pudieron facelo e, ademais de adestrar, pudieron participar de diversas actividades lúdicas nas que se relaciona o deporte que lles gusta.

O horario de adestramentos era de 10.30 a 13.30 e, despois, ían á piscina, comían xuntas e volvían entrenar de 16.00 a 19.00, para logo marchar a descansar, cear e ter xogos nocturnos.

Ademais, como novidade este ano, veu a ximnasta olímpica Celeste D’Arcangelo, que ofreceu unha masterclass ás participantes e contoulles como se sente por participar no mundial a última semana de agosto en Valencia.