A parroquia de Ferreiros de Paradela acollerá a actuación da Banda de Música o vindeiro 27 de agosto

SarriaXa

A Banda de Música de Paradela actuará o vindeiro 27 de agosto na parroquia de Ferreiros de Paradela no marco das súas actuacións anuais e de verán.

Banda de música Paradela
Banda de música Paradela
7 ago 2023

A Banda de Música de Paradela actuará o vindeiro 27 de agosto na parroquia de Ferreiros de Paradela no marco das súas actuacións anuais e de verán.

Así, pasarán polas aldeas de Ferreiros actuando como pasacalles e da man da procesión relixiosa que terá lugar ese día, rematando no campo da festa da parroquia, onde tocarán dúas pezas máis.

O repertorio de cancións que interpretarán durante esta xornada serán ‘Os tres galeguiños’, ‘No lo olvido’, ‘Banda Galega’, ‘Rolandito’, ‘Martiñika’ e ‘Mozos do Penedo’ nos pasacalles; e ‘Triunfal’ e o ‘Himno galego’ no campo da festa.