O pavimento de varias vías do municipio de Paradela está sendo mellorado

SarriaXa

O Concello de Paradela está a rexenerar o pavimento de diferentes vías e estradas do municipio co obxectivo de mellorar a comunicación entre as diferentes parroquias e así que os veciños teñan máis facilidades no seu día a día.

pavimento Paradela
pavimento Paradela
11 ago 2023

O Concello de Paradela está a rexenerar o pavimento de diferentes vías e estradas do municipio co obxectivo de mellorar a comunicación entre as diferentes parroquias e así que os veciños teñan máis facilidades no seu día a día.

Así, están mellorando as vías das parroquias de Ferreiros, de Barán, de Feasita ao cruce Bustaregas e arredor da Capela San Roque e os límites con Reiriz.

Estas actuacións contan co apoio do "Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2023" da Deputación de Lugo, que financia estes traballos para que así o Concello non teña que asumir todo o gasto económico.