O VII Slalom Concello de Sarria contará coa participación de medio cento de pilotos

SarriaXa

A escudería Mixrallyesports organiza o VII Slalom Concello de Sarria este sábado, 12 de agosto, que será puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2023 da Federación Galega de Automobilismo.

Slalom Concello de Sarria presentacion
Slalom Concello de Sarria presentacion
9 ago 2023

A escudería Mixrallyesports organiza o VII Slalom Concello de Sarria este sábado, 12 de agosto, que será puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2023 da Federación Galega de Automobilismo.

A proba, na que participarán arredor de 50 pilotos, foi presentada en Sarria coa presenza do alcalde de Sarria, Claudio Garrido Martinez, e do concelleiro de Deportes, Félix Seijas, así como de Marcos Díaz e Rubén López, en representación da organización.

O circuíto estará localizado na contorna do Campo da Feira, que terá o acceso cortado desde a rúa Conde de Lemos, e o parque de traballo situarase a carón do Parque de Bombeiros.

Horarios

O evento comezará ás 9.00 horas, coas verificacións administrativas e técnicas dos vehículos ata as a 10.30 horas e, logo, ás 11.00 horas, publicarase a lista de vehículos autorizados a tomar a saída.

Xa ás 12.00 horas terá lugar a primeira manga de adestramentos e ás 16.30 horas a segunda manga, que darán lugar a dúas mangas de competición oficial. Así, os premios aos gañadores entregaranse ás 21.15 horas.