Luis Piedrahita porá punto e final a un mes de actividades no marco do Ultreia et Suseia

SarriaXa

O Meigallo de Sarria acolle a derradeira actividade da iniciativa Ultreia et Suseia, que será unha función de Luis Piedrahita a partir das 21:00 horas.

Luis Pedrahita
Luis Pedrahita
23 ago 2023

O Meigallo de Sarria acolle a derradeira actividade da iniciativa Ultreia et Suseia, que será unha función de Luis Piedrahita a partir das 21:00 horas. Alí, o cómico galego presentará material de monólogos inéditos ata a data nun show moi especial.

Esta será a última actividade dun ciclo de actividades que se estendeu ao longo de máis dun mes na localidade de Sarria e que conxugou espectáculos de comedia con narrativa oral.

Ultreia et Suseia

Ultreia Et Suseia “é un proxecto multidisciplinar ambicioso”, que busca consolidarse a medio prazo como un espazo de posta en valor do traballo das distintas asociacións culturais da comarca Sarria, dos seus artistas e dos distintos axentes culturais galegos.

Desde a organización do festival, que organizou este evento por segunda vez, explican que teñen a experiencia necesaria e a capacidade para facer este tipo de evento, un “proxecto con identidade e calidade”.

Ademais, sosteñen que o que máis lles impulsou a organizar esta segunda edición foi a “acollida tan boa do ano pasado”, pero “porque a programación tamén o foi”. Así, din que “cada ano intentamos ter una programación con artistas de referencia e completala con artistas e asociacións da comarca. Ademais, non buscamos programar eventos para un público moi grande, senón poñer en valor os artistas, o patrimonio e o territorio creando eventos singulares e de calidade”, defenden.