'A viaxe do Señor López' será representada o venres no Páramo

SarriaXa

A Casa do Concello do Páramo acollerá o vindeiro 1 de setembro a representación teatral de ‘A viaxe do Señor López’ de Aparte, o Círculo de Teatro Profesional.

viaxe señor lopez
viaxe señor lopez
28 ago 2023

A Casa do Concello do Páramo acollerá o vindeiro 1 de setembro a representación teatral de ‘A viaxe do Señor López’ de Aparte, o Círculo de Teatro Profesional.

A actividade, que conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar a partir das 17.00 horas e todas as persoas interesadas en participar poderán facelo, xa que a entrada é gratuíta ata encher o recinto.

A sinopse di que o señor López é unha persoa solitaria, triste e gris. Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan características do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría. O señor López convértese nun paxaro-inuit.

actuacion O Paramo