O BNG de Begonte reclama a emisión dos plenos

TerraChaXa

O BNG de Begonte solicita que se retransmitan os Plenos Municipais “A retransmisión en directo polas redes sociais permitelle aos cidadáns poder visualizar os plenos municipais, ben en directo ou ben a posteriori, achegando a toma de decisións á cidadanía nun exercicio de democracia básico”, salienta Pablo Ares, voceiro do BNG.

concello begonte
concello begonte
9 ago 2023

O BNG de Begonte solicita que se retransmitan os Plenos Municipais “A retransmisión en directo polas redes sociais permitelle aos cidadáns poder visualizar os plenos municipais, ben en directo ou ben a posteriori, achegando a toma de decisións á cidadanía nun exercicio de democracia básico”, salienta Pablo Ares, voceiro do BNG.

Asimismo consideramos que para ter a posibilidade de asistencia a pleno por parte da veciñanza sería axeitado que estes se realizaran nun horario compatible coa asistencia da mesma “ non podemos ter un pleno ás 11,30 da maña, esta claro que non se quere dar a coñecer o que nos plenos pasa á cidadanía de Begonte” por iso reclamamos que os plenos se pasaran para as 20,00 horas para facilitar esa asistencia.

O BNG de Begonte critica que os Plenos “pasen sen pena nin gloria para a cidadanía e reclama que isto se cambie,” retransmitindo os Plenos “xa que neles dánse conta de temas tan importantes para o desenvolvemento do día a día do concello e sería unha forma de chegar a toda á veciñanza e de coñecer o que acontece no concello” explica o portavoz municipal do BNG.

“Para o BNG de Begonte a transparencia e a información real, veraz e inmediata das decisións tomadas nos Plenos é unha condición democrática básica, esixible dende o primeiro minuto do mandato que non nos cansaremos de recordar, para que a veciñanza teña un aceso máis libre á información” declara Pablo Ares.