Os veciños de Begonte contarán este mes con recollida de residuos

TerraChaXa

Este mes de agosto o Concello de Begonte procederá á recollida de enseres domésticos.

Begonte recollida residiuos
Begonte recollida residiuos
17 ago 2023

Este mes de agosto o Concello de Begonte procederá á recollida de enseres domésticos.

Así os veciños que o desexen poderán depositar utensilios e mobiliario xeral do fogar como electrodomésticos, xoguetes ou aparellos musicais por exemplo ata un máximo de tres enseres por vivenda.

Dende o Concello informan que non se recollerán outros enseres que non estean incluídos nos catalogados como domésticos nin aqueles que non sexan declarados na solicitude.

A recollida realizarase de forma domiciliaria, iniciándose ás 6.00 horas da mañá e os enseres deberán estar depositados en lugares accesibles para a súa carga con camión pluma.

Todas aquelas persoas interesadas deberán chamar previamente ata o luns 21 ao teléfono do Concello 982 39 61 43.