Aberto o prazo de inscrición paro o equipo de fútbol sala de Begonte

TerraChaXa

O equipo de Concello de Begonte Fútbol sala ten xa aberta a inscrición para as distintas categorías da base para a tempada 2023-2024 Para realizar a inscrición será necesario acudir ao rexistro do Concello de luns a venres entre as 9.

poratarta inscricions begonte futbol sala
poratarta inscricions begonte futbol sala
18 ago 2023

O equipo de Concello de Begonte Fútbol sala ten xa aberta a inscrición para as distintas categorías da base para a tempada 2023-2024

Para realizar a inscrición será necesario acudir ao rexistro do Concello de luns a venres entre as 9.00 e as 14.30 ou enviarase pola sede electrónica. 

Será necesario presentar a solicitude correctamente cuberta e asinada e a certificación da conta bancaria do rapaz ou rapaza inscrito ou do pai, nai ou titor no caso dos menores de idade. 

O prezo será de 25 euros ao mes salvo para a categoría biberón que será de  12,50 euros. Aplicarase unha redución do 15% para 2° fillo, do 25% para o 3° e do 50% para o 4°. 

Para máis información pódese contactar a través dos teléfonos 982 396 143 ou 619 455 026

horarios futbol begonte