Damil pecha con pirotecnia o Día da Bicicleta e as festas

TerraChaXa

As celebracións na honra de San Salvador na parroquia begontina de Damil continúan esta fin de semana coa V edición do Día da Bicicleta, que terá lugar o venres 25, a partir das 21.

fogos artificiais festa
fogos artificiais festa
24 ago 2023

As celebracións na honra de San Salvador na parroquia begontina de Damil continúan esta fin de semana coa V edición do Día da Bicicleta, que terá lugar o venres 25, a partir das 21.00 horas no campo da festa.

Todos os nenos e nenas están convidados a dar un paseo en bici polos arredores. Dende o campo da festa irán cara á igrexa, donde se celebran as vésperas e, ao remate, haberá unhs petiscos para repoñer forzas no campo da festa.

O sábado arrancará a programación festiva coa misa das 13.45 horas seguida da procesión e da sesión vermú, que estará ao cargo do grupo Punto Clave.

Pola tarde haberá xogos infantís a partir das 18.00 horas e pola noite repite a orquestra na verbena, que se completará con Cocomusic Disco

O domingo repetirase o oficio relixioso e o grupo PK 2 será a encargado de poñer a música na sesión vermú e na verbena.

Como todos os anos, haberá descarga pirotécnica a cargo de Astariz, na que é a undécima edición deste evento, e xogos tradicionais a partir das 18.00 horas.

festas damil begonte