A asociación San Martiño de Pino organiza unha ruta o 24 de agosto

TerraChaXa

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino organiza unha ruta o próximo 24 de agosto.

Ruta asociacion san martiño pino portada
Ruta asociacion san martiño pino portada
19 ago 2023

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino organiza unha ruta o próximo 24 de agosto.

A Ruta das Fontes conta cunha distancia total de 6 quilómetros e José Manuel Pena Regueira sera o encargado de guiar a todos os asistentes polo percorrido. 

A saída será dende a escola de Pino ás 17.30 e a actividade terá unha duración de duas horas e media aproximadamente.

Nesta ruta os asistentes poderán desfrutar de seis fontes, a capela de San Roque e o castelo de Caldaloba. 

A organización recomenda levar unha pequena merenda para desfrutar todos xuntos. 

Ruta asociacion san martiño pino