O Concello de Burela acolle hoxe na praza do Concello unha sesión de bicicletas impartida polos monitores Belinda e Moncho de Hawk Gym.
Este ximnasio promove a iniciativa co apoio do Concello e da Asociación Esperanza Contra o Cancro de Burela.
Será a partir das 17.30, e haberá á venda camisetas solidarias a un prezo de 10 euros.
