O lugar de Trasbar, en Cervo, celebrará a próxima fin de semana a súa romaría

AMariñaXa
Tras dous anos de parón este sábado 17 de setembro voverá celebrarse n o burgo de Trasbar, en Cervo, a tradicional Romaría da Santa Eufemia
110923 Santa Eufemia Trasbar
110923 Santa Eufemia Trasbar
11 sep 2023

O lugar de Trasbar celebrará a próxima fin de semana, do 15 ao 17 de setembro, a romaría de Santa Eufemia que dará comezo o venres ás 23.00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.

O sábado, ás 13.00 horas será a misa solemne na honra de Santa Eufemia cantada polo Coro de Cervo,   e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fussion, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22:00 horas. Ao remate, haberá unha degustación gratuíta de caldo galego para os/as asistentes.

O domingo, ás 13.00 horas volverá haber misa, na honra de San Antonio e o Carme, cantada polo Coro de Cervo, seguida de sesión vermú co Dúo EPOK.

O Concello de Cervo, convida, a todos, veciños e visitantes, a que desfruten desta Festa a vindeira fin de semana.