Xa hai gañadores do sorteo de Acia Foz CCA de 1.000 euros en vales de compra coa Volta ao Cole

Foz
AMariñaXa
cia Foz CCa organiza unha nova edición do Comercio na Rúa os días 20, 21 e 22 de xullo participan 30 locais
240823 Foto volta ao cole Foz 2023
240823 Foto volta ao cole Foz 2023
22 sep 2023

Xa se coñecen os nomes das gañadoras e dos gañadores dos 1.000 euros en vales de compra que Acia Foz CCA sorteou na súa campaña de Volta ao Cole.

O sorteo, que tivo lugar esta mañá en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. Na cita participaron a concelleira de Comercio, Katy Navarro, e a xerente de Acia Foz CCA, Ana Segade.

Os premiados con 50 euros en vales de compra foron Carmen Álvarez, por unha compra feita en Ginzo Hombre Mujer, Ester Sánchez en Don Zapato, Rocío Nicolás en Mi casa, Iñaki Aznares en Alain Afflelou óptico, Manuel Fernández en pastelería Xoyma, Raul Freijanes en Xoguetería Bahía, Teresa Rivera, en Tien 21 Electrodomésticos Celso, Chicha Ferreiro por unha compra realizada en Unique 2, Maruja Eijo en Carnicería Mercedes e Mari Fernández en Lourdes Moda Íntima y Baño.

E os premiados con 100 euros en vales de compra foron Vera Ferreira por unha compra en Lencería Esther, Minda Moscoso en Longarela, Susa Martínez en Chuvia, María Neira en Pastelería Anduriña e Mª Carmen García en Infotec.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, agradece a participación na campaña e felicita ás afortunadas e aos afortunados.

A entrega de premios terá lugar hoxe venres, 22 de setembro, no Cenima.

Volta ao cole ACIA foz agosto 2023