O IV Cross Os Castros, organizado por Run Foz Run, será o 22 de outubro

Foz
AMariñaXa
 A Run Foz Run en colaboración co Club Atletismo Ría de Foz organiza o III Cross Os Castros o 6 de novembro a partir das 10.30 horas.
III cross os castro cangas Foz 2022 1
III cross os castro cangas Foz 2022 1
25 sep 2023

A Run Foz Run en colaboración co Club Atletismo Ría de Foz organiza unha nova edición do Cross Os Castros, que chega a súa cuarta edición e celebrarase o vindeiro día 22 de outubro a partir das 16.30 horas.

A proba, que será nas inmediacións do campo de fútbol de Cangas de Foz, comezará ás 16.30 coa absoluta de 5.100 metros, ás 17.20 os 1.700 metros das Sub14 e Sub15, ás 17.40 serán os 700 metros das Sub10, e ás 17.45 horas os Sub8 percorrerán 200 metros.

Poderán participar na categoría absoluta todas aquelas persoas nacidas dende o ano 2007 (incluído) que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.

En ningún caso vanse aceptar inscricións fora de prazo. Ata o 8 de outubro a inscrición terá un prezo de 5 euros, e do 9 de outubro ata o 18 será de 8 euros. As categorías Sub 8, Sub 10, Sub 12 Sub 14 e Sub 16 son gratuíta.

A entrega de dorsais do cross popular farase na carpa da organización de 15.00 a 17.30 que estará situada no Campo de Fútbol de Cangas de Foz.

Tanto os absolutos como os cativos deben inscribirse na seguinte ligazón.

IV Cross os castros cangas de foz 2023