Máis de 120 kg de refugallos foron recollidos da canle do río Alemparte, en Foz, na XVI Limpeza Simultánea

Foz
AMariñaXa

A XVI Limpeza Simultánea Móllate polos ríos celebrouse este ano en 52 concellos de toda Galicia e en Coordinación co Proxecto Ríos, a Concellería de Medio Ambiente de Foz fixoo en Cangas, no río Alemparte.

limpeza simultanea Foz 2023
limpeza simultanea Foz 2023
25 sep 2023

A XVI Limpeza Simultánea Móllate polos ríos celebrouse este ano en 52 concellos de toda Galicia e en Coordinación co Proxecto Ríos, a Concellería de Medio Ambiente de Foz fixoo en Cangas, no río Alemparte.

Os focegos continuaron un ano máis na participación nesta actividade simultánea que mobilizou a 10 voluntarios mesmo doutros concellos, que quixeron aportar o seu tempo desprazándose ao río para deixalo libre de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

Desta volta recolléronse refugallos moi variados, e coma sempre abundaron os plásticos: botellas, zapatos, bolsas, redes de obra... apareceron tubos de formigón, cristais e latas; tamén ferramentas, pezas de louza, ferralla, e entullos. Calcúlase en máis de 120 kg de refugallos os liberados da canle do río Alemparte.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Dende a Concellería de Medio Ambiente agradecen aos voluntarios que “se mollaran po los ríos” e animan a todolos interesados a participar en vindeiras iniciativas de protección do territorio.