As festas de Xunqueira, en Viveiro, terán lugar esta fin de semana

AMariñaXa
O Concello de Viveiro, xunto a Comisión de Festas, presentou o programa das festas de Xunqueira, na honra de Nosa Señora de Valdeflores. 
Festas Xunqueira viveiro 2023
Festas Xunqueira viveiro 2023
6 sep 2023

As festas de Xunqueira, en honra da Nosa Señora de Valdeflores, terán lugar na fin de semana do venres día 8 ao domingo 10 de setembro.

As celebracións terán lugar no campo da festa de Xunqueira, e contarán con numerosas actuacións musicais, actividades, e varios sorteos.

O venres día 8 e o sábado día 9 haberá verbena; o venres, con Verónica Cambón e a disco móbil Conxuro, e o sábado, co Trío Zafiro e o grupo Zona Zero. Ademais, haberá sesións vermú o sábado co grupo Zona Zero e o domingo do Dúo Estrellas.

Festas Xunqueira viveiro 2023