Comeza unha nova campaña de estudos submarinos na ría de Viveiro

AMariñaXa
n marcha  unha nova campaña arqueolóxica no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia, en Ribadeo, para dar continuidade aos estudos
RIA VIVEIRO fragata magdalena Arqueologo tomando datos
RIA VIVEIRO fragata magdalena Arqueologo tomando datos
5 sep 2023

A Federación Española de Actividades Subacúaticas comunicou que se vai desenvolver unha nova campaña na ría de Viveiro, o Ría de Viveiro I, e que nesta ocasión chegarase ata o litoral dos concellos veciños de Xove e O Vicedo e ademais contará con prospeccións no río Landro desde Portochao.

Este proxecto é unha evolución do proxecto Eterna, que estudaba os pecios da ría desde o ano 2018. O novo obxectivo é o estudo da influencia do mar no desenvolvemento e evolución das poboacións xurdidas ás beiras da ría e na súa contorna. Incluíndose a partir deste ano a zona oeste do concello de Xove e a oeste do Vicedo.

Nesta campaña continuaranse os traballos xa iniciados no proxecto Eterna no pecio da Fragata Magdalena (1773-1810), pecio Viveiro I (primeira metade do século XVII), Viveiro II e fondeadoiro de Estabañón. Ademais iniciarase a prospección do río Landro desde Portochao a augas abaixo e do xacemento tardo romano de Area, pois nesta evolución do proxecto inclúese o estudo dos xacementos relacionados coa explotación dos recursos pesqueiros, trafico de marítimo de mercadorías, auxilio á navegación e os hábitats onde residían as persoas vinculadas ao mar.

Na campaña participará un equipo multidisciplinar formado por 25 especialistas, este equipo de investigación, dirixido polo viveriense Antón López, esta formado pola FEDAS,, a CMAS, o Grupo de investigación Lembranza, a UNED, a Universidade de Buenos Aires (Arxentina), o CONICET (Arxentina) e a Universidade de Cádiz. Con esta última asinouse un convenio de colaboración para a formación práctica dos alumnos do Master Arqueoloxía Náutica e subacuática neste proxecto.

A campaña está financiada pola Fundación Luís Monteagudo, Porto de Celeiro, a FEDAS e o concello de Viveiro.

O proxecto conta coa colaboración do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, a FEGAS, Escola de Mergullo Mergullo Viveiro, Servizo de Gardacostas de Galicia, Topodel, Mariña Viveiro , O Chipe e Vivemar.

restos fragata magdlena viveiro