O CCH de Viveiro pon en marcha a campaña Mercar no teu comercio ten premio

AMariñaXa
Comezou a IX Feira de Stocks do Centro Comercial Histórico de Viveiro que se celebra ata o vindeiro xoves 25 de agosto
IX FEIRA DE STOCKS CCH Viveiro 1
IX FEIRA DE STOCKS CCH Viveiro 1
6 sep 2023

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Mercar no teu comercio ten premio e que se levará a cabo dende este xoves, 7 de setembro e ata o 14 de  setembro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300  e de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade.

A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a  Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e  Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso do Centro Comercial Histórico de Viveiro, poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu  comercio ten premio”.

Así, todos os clientes de Viveiro que realicen compras por importe mínimo de  10 euros no comercio de proximidade, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o xoves, 14  de setembro, ás 19.00 horas, na Praza Maior de Viveiro. Previamente, os consumidores  deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa  que se instalará dende ás 16.00 horas nesta mesma praza.

Dende esa hora, todos os clientes poderán ademáis optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. A partir das 18.00 horas  haberá tamén animación infantil.

TEATRO NA RÚA

O sabado 9 de setembro ás 19.30 horas nos xardíns Noriega Varela  (zona do Templete da Música) terá lugar a representación da obra Os Ladróns son Xente Honrada da man da compañía A Adala Futura, de Foz. No caso de que ameace choiva a representación trasladarase á Sala  do Conservatorio de Música.

A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da provincia de Lugo 2023. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito  gratuíto encher o tempo de lecer estival, aproveitar estes dias antes  de comezar a volta ó cole e que a rapazada poida desfrutar do Teatro  na Rua.

Nesta ocasión, a compañía Adala Futura representará unha obra de creación propia. É unha comedia apta  para tódolos públicos. O elenco está composto por 9 actores e  actrices e a obra durará aproximadamente unha hora.

IX FEIRA DE STOCKS CCH Viveiro