Últimos días para anotarse na I Xuntanza de Coches Clásicos Viveiro

AMariñaXa
Os aficionados aos coches clásicos teñen unha cita o vindeiro 11 de marzo coa IV Xuntanza de Coches Clásicos Ourol
I xuntanza coches clasicos viveiro 2023
I xuntanza coches clasicos viveiro 2023
7 sep 2023

Os aficionados aos coches clásicos teñen unha nova cita o vindeiro 16 de setembro no aparcamento do pavillón municipal de Viveiro.

Alí terá lugar a I Xuntanza de Coches Clásicos Viveiro e que está organizada por catro socios do Club Clásicos Viveiro.

A reunión comezará ás 10.00 horas coa recepción e inscrición de coches para a ruta e ás 11.30 será o paseo turístico que rematará ás 13.30 coa sesión vermú.

Xa ao mediodía, haberá un xantar que ten un prezo de 30 euros e 20 nenos de 5 a 15 anos. As reservas poderán facerse ata o 10 de setembro de 2023 chamando ao 650 652 073 ou 660 108 438.

Pola tarde, ás 20.30 horas, haberá xamón cocido e chourizos gratis e así como concursos e xogos durante toda a tarde.

I xuntanza coches clasicos viveiro 2023