O estado da fragata Magdalena "é excelente" segundo a Federación Española de Actividades Subacúaticas

AMariñaXa
n marcha  unha nova campaña arqueolóxica no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia, en Ribadeo, para dar continuidade aos estudos
restos fragata magdlena viveiro
restos fragata magdlena viveiro
12 sep 2023

A Federación Española de Actividades Subacúaticas, equipo que se atopa á fronte da nova campaña na ría de Viveiro, comezou a dar "gratas sorpresas", di o equipo de especialistas.

Así, desvelaron que boa parte parte da estrutura naval da fragata Magdalena, e na que destacan que a madeira de foro, a que recubre o barco e que entra en contacto coa auga, atópase en tan perfectas condicións que parece como "coma se afundiuse onte mesmo", din, as táboas do forro que asoman carecen de danos, tanto de estruturais como de biolóxicos, debido a estar baixo unha capa de lodo", engaden.

Ademais púidose documentar que o pecio conserva máis de vinte metros dunha das súas bordas. Isto sumado aos numerosos lastres e outros materiais xa coñecidos que se atopaban en superficie, "indícanos o gran potencial que ten este xacemento".

Os arqueólogos subacúaticos comezaron a traballar neste mes e nesta campaña, a diferenza das anteriores, o grupo de investigación acomete unha escavación máis exhaustiva, coa intención de documentar a estrutura da fragata.

Tamén atoparon máis de 20 metros de estrutura dunha das bordas, lastres e munición, e proxectís redondos de dous metros, e en canto a arquitectura naval, "é un auténtico museo", din.

Este proxecto é unha evolución do proxecto Eterna, que estudaba os pecios da ría desde o ano 2018. O novo obxectivo é o estudo da influencia do mar no desenvolvemento e evolución das poboacións xurdidas ás beiras da ría e na súa contorna. Incluíndose a partir deste ano a zona oeste do concello de Xove e a oeste do Vicedo.

Nesta campaña continuaranse os traballos xa iniciados no proxecto Eterna no pecio da Fragata Magdalena (1773-1810), pecio Viveiro I (primeira metade do século XVII), Viveiro II e fondeadoiro de Estabañón. Ademais iniciarase a prospección do río Landro desde Portochao a augas abaixo e do xacemento tardo romano de Area, pois nesta evolución do proxecto inclúese o estudo dos xacementos relacionados coa explotación dos recursos pesqueiros, trafico de marítimo de mercadorías, auxilio á navegación e os hábitats onde residían as persoas vinculadas ao mar.

Na campaña participará un equipo multidisciplinar formado por 25 especialistas, este equipo de investigación, dirixido polo viveriense Antón López, esta formado pola FEDAS,, a CMAS, o Grupo de investigación Lembranza, a UNED, a Universidade de Buenos Aires (Arxentina), o CONICET (Arxentina) e a Universidade de Cádiz. Con esta última asinouse un convenio de colaboración para a formación práctica dos alumnos do Master Arqueoloxía Náutica e subacuática neste proxecto.