As obras de substitución do colector de saneamento na avenida de Galicia, en Viveiro, comezarán mañá

AMariñaXa

As obras de substitución do colector de saneamento na avenida de Galicia viveirense comezarán mañá luns 25 de setembro.

avenida galicia con Cervantes Viveiro
avenida galicia con Cervantes Viveiro
24 sep 2023

As obras de substitución do colector de saneamento na avenida de Galicia viveirense comezarán mañá luns 25 de setembro. O emprazamento destas obras localízase na intersección de avenida de Galicia coa de Cervantes.

A finalidade desta obra é eliminar un punto de vertido que se localiza na estación de autubuses, como consecuencia do estado no que se atopa a rede de saneamento municipal, polo que se vai substituir un tramo de colector.

No inicio das obras, os usuarios que estacionan na explanada do Porto de Viveiro terán que facer a súa saída por detrás da estación de autobuses, incorporándose á rotonda da Oficina de Turismo. Pode haber ademais posibles retencións, polo que o concello pide desculpas polas molestias ocasionadas.