Remataron as obras de eficiencia enerxética do edificio do peirao norte de usos múltiples do porto de Celeiro

AMariñaXa
Remataron as obras de mellora da nave de redes de arrastre do porto de Celeiro, no municipio lugués de Viveiro.
remate obras eficiencia enerxetica confraria porto celeiro 2023 2
remate obras eficiencia enerxetica confraria porto celeiro 2023 2
27 sep 2023

A Confraría de Pescadores de Celeiro comunicou que esta semana remataron as obras de mellora de eficiencia enerxética do edificio do peirao norte de usos múltiples náutico-pesqueiros. O proxecto foi financiado polo FEMP ao 75% , e a Xunta de Galicia o 25% por un importe total de 512.800 euros.

As obras da actuación integral realizadas na infraestrutura portuaria do peirao norte considéranse de carácter estratéxico e permitiron á entidade pesqueira que preside Rey Seijas, renovar o edificio de usos náutico-pesqueiros a través do proxecto de mellora enerxética ao amparo de axudas de eficiencia enerxética, protección do medio ambiente, seguridade e condicións de traballo, calidade e rastreabilidad dos produtos da pesca. Sen dúbida as obras acometidas no edificio serven para mellorar a operatividade do mesmo.

Este edificio acolle actividades ligadas ao funcionamento do sector pesqueiro tales como almacéns, subministracións navais, oficinas para armadores e empresas do sector, e mesmo actividades de formación náutico-pesqueira.

O investimento realizado no edificio permitiu emendar os problemas de salubridade que existían na instalación debido ao paso do tempo, pois a construción do edificio data dos anos oitenta, e a mellora vai redundar notablemente na mellora do confort e seguridade no traballo dos operarios que a diario utilizan a infraestrutura.

A través das obras substituíuse toda a cuberta que había de uralita por uns modernos paneis mariños tipo sandwich, renováronse baixantes e canalóns, portas de aceiro inoxidable, pintado exterior e interior, renovación de instalación eléctrica, obras de carpintería exterior, colocación de novas fiestras de aluminio, selado con pinturas intumescentes, substitución de luminarias por modernas tipo led.… etc.

A renovada instalación albergará en breve tamén locais para un centro de formación náutico-pesqueira en substitución do desaparecido centro Vicente Gradaille, con esta actuación quérese prestar un servizo a pé de peirao ao colectivo pescador facilitando o acceso aos certificados habilitantes en materia pesqueira.

remate obras eficiencia enerxetica confraria porto celeiro 2023 1
remate obras eficiencia enerxetica confraria porto celeiro 2023 3