Lugo acolle desde o sábado a sexta edición do circuíto Teatro Amador

LugoXa

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, presentou a sexta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura.

auditorio gustavo freire lugo
auditorio gustavo freire lugo
11 sep 2023

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, presentou a sexta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura. Arroxo afirmou que “un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza”.

A sexta edición deste ciclo contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo durante entre o 16 e o 30 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As representacións desta edición son as seguintes:

  • 16 de setembro ás 20:30 –Microtirulos, de Tiruleque Teatro
  • 17 de setembro ás 18:30 – A Liorta, de Avelaíña Teatro
  • 24 de setembro ás 18:30 – Camiños e Carreiros, de Andaravía Teatro
  • 30 de setembro ás 20:30 – O Randiña, de Pico do Castro

Todas as representacións están destinadas a públicos de todas as idades. A entrada será libre ata completar a cabida do auditorio.