Estréase este xoves no cines Códax 'Julia', o documental de factura luguesa

LugoXa

Os cines Códex de Lugo acollerán este sábado, 14 de setembro, a presentación de Julia, unha película que rende homenaxe a todas as avoas e o seu inquebrantable legado.

julia cine documental codex
julia cine documental codex
12 sep 2023

Os cines Códex de Lugo acollerán este sábado, 14 de setembro, a presentación de Julia, unha película que rende homenaxe a todas as avoas e o seu inquebrantable legado. Tras unha viaxe que a levou por 15 prestixiosos festivais de cine en tres continentes, Julia regresa ao seu lugar de orixe para o seu esperado lanzamento nos cines.

A sesión terá lugar ás 20.3o horas nos cines da praza Viana do Castelo. A noite da estrea estará chea de emoción, cunha pequena presentación previa á proxección e un coloquio cando termine a película. É unha oportunidade única para explorar o proceso de creación de Julia da man do seu director, Jacobo Lagüela, e reflexionar sobre as historias das nosas avoas que normalmente pasan desapercibidas; é unha das poucas oportunidades de
ver un documental na gran pantalla.

Julia percorreu o mundo, comenzando en Lugo, Ourense e Reino Unido, e continuou a súa viaxe por países como Brasil, Arxentina, Italia e India, cautivando audiencias en cada parada. Agora, a súa viaxe chega ao seu destino final na provincia de Lugo, onde todo comenzou.

Despois desta estrea tan esperada, Julia comezará unha nova etapa do seu percorrido para ser proxectada en escolas, concellos e asociacións culturais de todo o país. Este conmovedor producto audiovisual busca chegar a aqueles lugares onde a súa mensaxe e a súa historia poidan inspirar e emocionar a xente nova e maiores do rural e da urbe.

julia documental cines codex