O monterrosino Miguel Rodríguez Barrio será o pregoeiro das Festas do San Miguel de Monterroso

LugoXa
O Concello de Monterroso organiza as festas de San Miguel que darán comezo o venres 24 de setembro ao mércores 29.
fogos artificiais festa
fogos artificiais festa
26 sep 2023

Monterroso celebrará a súa festa patronal en honra a San Miguel, desde o xoves 28 de setembro ata o domingo 1 de outubro.

O primeiro día de festa dará comezo ás 21.00 horas co pregón, que estará a cargo do monterrosino Miguel Rodríguez Barrio, seguido ás 22.30 horas da actuación de Verónica Cambon e orquestra Panorama.

O venres 29 comeza o día co pasacalles da Asociación Cultural Falcatrueiros, que tamén realizará unha actuación. Ás 12.00 horas oficiarase a misa solemne, seguida de procesión e actuación da Banda de Música de Lourenza. Ás 19.00 horas dará inicio o roteiro de bares con DJ e ás 20.00 horas o concerto da Banda de Música de Lourenza.

Xa pola noite, ás 22.30 horas actuará Aixa Romay e ás 00.15 horas haberá unha sesión de fogos de artificio que dará paso á verbena coa orquestra Gran Parada.

O sábado 30, os asistentes poderán gozar co pasacalles da Banda de Música de Antas de Ulla e participar ás 12.00 horas na misa solemne seguida da actuación da citada banda.

Ás 19.00 horas a Banda de Música de Antas de Ulla ofrecerá un concerto e ás 22.30 horas comezará a verbena coa orquestra Galilea. A velada contará coa actuación estelar do grupo La Década Prodigiosa.

Por último, o domingo 1 de outubro,terá lugar o Día do Neno, con inchables e animación no pavillón. Ás 17.00 horas disputarase o partido de fútbol S.D. Monterroso - Santaballés.

PREGÓN

O monterrosino Miguel Rodríguez Barrio, que será o pregoeiro das Festas do San Miguel 2023, é o director xerente da Área de Xestión Corporativa da CRTVG.

Rodríguez Barrio é economista e doutor e ocupou diferentes postos directivos na empresa privada e na administración pública autonómica.

O Goberno local valora a súa traxectoria profesional e destaca que se trata “dun veciño de Monterroso que leva o nome do noso Concello con afecto e conserva casa na vila, á que volve sempre que pode”.

Festas san miguel monterroso 2023