O taboadés Alberto Fidalgo conseguiu facerse co Campionato Galego Individual de Marcha Nórdica que tivo lugar a fin de semana pasada na Coruña, onde a contorna da Torre de Hércules serviu de escenario para a cuarta edición do Trofeo Cidade da Coruña de marcha nórdica e o Campeonato Gallego individual e de clubes e a final da Copa Galicia.">

Alberto Fidalgo, de Taboada, é o campión galego individual de marcha nórdica

RibeiraSacraXa

O taboadés Alberto Fidalgo conseguiu facerse co Campionato Galego Individual de Marcha Nórdica que tivo lugar a fin de semana pasada na Coruña, onde a contorna da Torre de Hércules serviu de escenario para a cuarta edición do Trofeo Cidade da Coruña de marcha nórdica e o Campeonato Gallego individual e de clubes e a final da Copa Galicia.
Alberto Fidalgo campión marcha nórdica
Alberto Fidalgo campión marcha nórdica
Diego Elías García
22 sep 2023

O taboadés Alberto Fidalgo conseguiu facerse co Campionato Galego Individual de Marcha Nórdica que tivo lugar a fin de semana pasada na Coruña, onde a contorna da Torre de Hércules serviu de escenario para a cuarta edición do Trofeo Cidade da Coruña de marcha nórdica e o Campeonato Gallego individual e de clubes e a final da Copa Galicia.

Desde o Concello de Taboada, a través da área de Cultura, Deporte e Medio Rural, din estar moi orgullosos de que un taboadés "estea tendo unha traxectoria así nun deporte con moito potencial".

Alberto Fidalgo, do Club Marcha Nórdica A Coruña, comezou neste deporte no 2015 cando se apuntou no Club de Montaña de O Cordal da cidade de Lugo co fin de competir e seguir entrenando para mellorar a súa técnica. Agora, Alberto xa pensa no seguinte obxectivo, converterse no top 1o a nivel nacional, o que intentará conseguir o vindeiro 11 de novembro na Copa de España en Ceuta.