Juan Norat ficha como director deportivo do Club Baloncesto Sarria

SarriaXa

O CB Sarria vén de anunciar a súa nova incorporación á dirección do equipo, Juan Norat Estévez, que traballará como novo director deportivo do Club Baloncesto Sarria.

Juan Norat CB Sarria
Juan Norat CB Sarria
2 sep 2023

O CB Sarria vén de anunciar a súa nova incorporación á dirección do equipo, Juan Norat Estévez, que traballará como novo director deportivo do Club Baloncesto Sarria.

Así, destacan de Juan a súa experiencia e paixón polo baloncesto, así como a súa profesionalidade "de primeiro nivel e cun profundo coñecemento do baloncesto e unha gran capacidade de traballo, polo que estamos seguros de que será un gran activo para o CB Sarria", defenden desde o club.

Juan Norat desempeñou, durante os últimos anos, varios cargos que demostran as súas capacidades, como o posto de director técnico e adestrador EBA en Baloncesto Torrelodones, director técnico Canteira COB e adestrador EBA e júnior, director deportivo Marín Peixegalego e adestrador EBA e director técnico canteira Celso Miguel e adestrador de equipos canteira.