Láncara acollerá veciños e visitantes que poderán degustar a troita durante esta xornada

SarriaXa

A Área de Cultura do Concello de Láncara organiza, un ano máis, a Festa da Troita este venres, 1 de setembro, en diversos locais hostaleiros de Láncara, Muro e Armea.

Festa da Troita Lancara
Festa da Troita Lancara
1 sep 2023

A Área de Cultura do Concello de Láncara organiza, un ano máis, a Festa da Troita este venres, 1 de setembro, en diversos locais hostaleiros de Láncara, Muro e Armea.

Así, as persoas interesadas en participar desta festa gastronómica cunha gran tradición que a precede, poderán facelo acudindo aos establecementos Taberna de Muro, Taberna de Armea, Casa Benita e Casa Enriqueta.

Os veciños e veciñas de Láncara, así como todas as persoas que se acheguen, poderán degustar de maneira gratuíta este produto típico do municipio que é pescado no río Neira que baña Láncara.

Festa da Troita Lancara