Santiago de Cedrón, en Láncara, celebrará a primeira edición malla o 16 de setembro

SarriaXa

O vindeiro 16 de setembro celébrase a primeira edición Malla na parroquia de Santiago de Cedrón, en Saa, de Láncara despois do éxito que tivo a Festa da Malla Láncara 4

Festa da Malla Láncara 4
Diego Elías García
8 sep 2023

O vindeiro 16 de setembro celébrase a primeira edición Malla na parroquia de Santiago de Cedrón, en Saa, de Láncara despois do éxito que tivo a festa da malla organizada pola Asociación Val de Láncara en agosto.

Así, durante esta xornada representarase a tradición da malla como se facía antes diante de veciños e veciñas que, ademais, poderán desfrutar dun xantar popular ao terminar a malla.

Ademais da representación malla e a comida popular, a partir das 15.30 horas a música do Dúo Pedriñas amenizará a xornada, que se prolongará durante a tarde para o desfrute da veciñanza e visitantes.