O médico Don Enrique Cajiao será homenaxeado nunha comida en Láncara este domingo

SarriaXa

O Concello de Láncara organiza unha comida e homenaxe a Don Enrique Cajiao este domingo, 17 de setembro, pola súa xubilación despois de 34 anos de servizo en Láncara como médico.

homenaxe Lancara
homenaxe Lancara
Diego Elías García
16 sep 2023

O Concello de Láncara organiza unha comida e homenaxe a Don Enrique Cajiao este domingo, 17 de setembro, pola súa xubilación despois de 34 anos de servizo en Láncara como médico.

"Dende o Concello e en colaboración con todas as Asociacións e os establecementos hostaleiros queremos brindarlle a homenaxe que se merece", sosteñen desde o goberno local e animan a todos os veciños e veciñas a participar desta iniciativa.

Así, a comida terá lugar no Campo da Feira da Pobra de San Xiao a partir das 14.00 horas e para poder participar da comida popular haberá que mercar a entrada en varios establecementos colaboradores.