As Escolas Deportivas de Láncara volven con varias actividades ás que se poden apuntar os máis pequenos

SarriaXa

O Concello de Láncara vén de presentar as actividades que formarán parte das Escolas Deportivas para nenos e nenas do municipio como actividades extraescolares durante o curso 2023-2024 no pavillón municipal da Pobra de San Xiao.

Deporte Lancara
Deporte Lancara
Diego Elías García
30 sep 2023

O Concello de Láncara vén de presentar as actividades que formarán parte das Escolas Deportivas para nenos e nenas do municipio como actividades extraescolares durante o curso 2023-2024 no pavillón municipal da Pobra de San Xiao.

Estas actividades, completamente subvencionadas polo Concello, consistirán en fútbol sala, baloncesto, atletismo, bádminton e padel, e as persoas interesadas en apuntarse teñen ata o vindeiro 31 de outubro para facelo.

O desenvolvemento desta iniciativa inclúe nove meses, desde outubro a xuño de 2024, aínda que teñen diferentes duracións. No caso de atletismo, baloncesto e fútbol sala, serán de outubro a xuño; mentres que pádel, bádminton e fútbol sala baby comezarán en xaneiro e ata xuño.