O PP de Samos apunta que hai árbores que dificultan o paso na aldea de Frollais

SarriaXa

O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, denuncia que “dende fai uns días hai árbores caídas nun camiño público da aldea de Frollais, que impiden o paso do gando e da maquinaria”.

Árbores caídas cortando paso camiño Samos
Árbores caídas cortando paso camiño Samos
16 sep 2023

O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, denuncia que “dende fai uns días hai árbores caídas nun camiño público da aldea de Frollais, que impiden o paso do gando e da maquinaria”.

Así, o voceiro di que, tralo aviso por parte dos veciños da zona ao Concello para que procedera a retirar as árbores, a alcaldesa sinalou que non sabía nada dese asunto e o concelleiro de Cultura e Deporte asegurou que o Concello non prestaba ese tipo de servizo.

A este respecto, Gallego pregúntase “para que hai un concelleiro de Medio Rural” ao entender que “debería ser el o que se ocupara destes asuntos”. Gallego lamenta que “o bipartito quite servizos que se viñan prestando aos veciños, que se amosan sorprendidos porque era o Concello o que se encargaba de retirar as árbores que dificultaban o paso por camiños municipais”.