A veciñanza de Sarria critica a suciedade trala Romaría dos Remedios 2023

SarriaXa

A veciñanza de Sarria vén de amosar a súa indignación trala cantidade de basura que se atopou días despois da realización da Romaría dos Remedios 2023 en San Salvador de Cesa.

basura dia despois remedios sarria 2023 1
basura dia despois remedios sarria 2023 1
12 sep 2023

A veciñanza de Sarria vén de amosar a súa indignación trala cantidade de basura que se atopou días despois da realización da Romaría dos Remedios 2023 en San Salvador de Cesa.

Despois de que o Concello de Sarria promovera unha campaña para que as persoas que participantes neste evento se responsabilizaran dos seus residuos e que os depositaran nos contedores habilitados na vila, ao día seguinte estaban todos os refugallos tirados á beira da estrada.

Parte da veciñanza lembrou que a xente usa o mobiliario que lle sobra na casa para usar o día da festa e "algúns aproveitan para desfacerse del e deixalo tirado", engaden, "festa si, máis civismo tamén".

O Concello animaba aos  cidadáns e visitantes a que empregaran vasos reutilizables, que depositaran o lixos nos contedores, que retiraran o mobiliario que trouxeron e que deixaran a súa zona recollida e limpa. Todo isto co fin de ser unha festa exemplar no respecto á natureza e para que a contorna quedara limpa e en perfecto estado de revista.

basura dia despois remedios sarria 2023 2