Julia Fernández participou da Galicia Junior Cup da Federación Galega de Golf que tivo lugar en Sarria

SarriaXa

Este domingo, 88 nenos e nenas de todas as provincias de Galicia participaron na Galicia Junior Cup da Federación Galega de Golf en Sarria, representando a 14 escolas de golf galegas.

Golf Sarria Junior
Golf Sarria Junior
18 sep 2023

Este domingo, 88 nenos e nenas de todas as provincias de Galicia participaron na Galicia Junior Cup da Federación Galega de Golf en Sarria, representando a 14 escolas de golf galegas. Durante o evento, xuntáronse, entre xogadores e familiares, máis de 200 persoas.

De Sarria participou, entre outros, Julia Fernández, de 8 anos, que empatou no primeiro posto da súa categoría (cativos feminina) con Celia González e Martina Botana.

A escola que obtivo os mellores resultados foi a do Real Aeroclub de Santiago, cunha puntuación total de 156 puntos, seguida da do Ría de Vigo, con 130 puntos e da de Barbanza Pitch&Putt, con 115 puntos.

Con respecto aos campións e campioas, en cativos masculina o campión foi Jaime Fernández e o subcampión foi Marc Montero; mentres que en benxamín feminina a campioa foi Daniela Borrageiros e a subcampioa Mariana Agrasar e en benxamín masculino foi campión Mateo Botana e subcampión Álvaro Sánchez.

Por outra banda, en alevín feminina foi campioa Carmen Miguel e subcampioa Pomba Arufe e no masculino foi campión Pedro Mouriño e subcampión Carlos Domínguez. Por último, en infantil feminina foi campioa Sabela Campos e subcampioa María Fernández, mentres que en infantil masculino foi campión Iago Pereira e subcampión Ramón Álvarez.