O Partido Popular de Sarria esixe que se recuperen os obradoiros para as persoas con alzhéimer

SarriaXa

O grupo municipal do PP de Sarria esixe ao goberno local a recuperación dos obradoiros de estimulación cognitiva ás persoas afectadas polo alzhéimer ou outras enfermidades afíns con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora este 21 de setembro.

PP Sarria
PP Sarria
21 sep 2023

O grupo municipal do PP de Sarria esixe ao goberno local a recuperación dos obradoiros de estimulación cognitiva ás persoas afectadas polo alzhéimer ou outras enfermidades afíns con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora este 21 de setembro.

A voceira, Carmen José López, condena que o goberno local “non amose a sensibilidade suficiente cara as persoas afectadas por esta enfermidade e os seus familiares e coidadores” porque “estamos a falar dun servizo de gran valor tanto para os usuarios como para as familias, ao tratarse dun recurso que permitía un descanso na súa condición de coidadores durante o horario da actividade”.

A través dun convenio de colaboración entre o Concello de Sarria e a Cruz Vermella, era esta última a que ofrecía dende o ano 2001 e ata o estado de alarma decretado pola pandemia da covid-19 actividades de psicomotricidade ou terapia manual. Pero o Concello ten pendente de pago preto de 90.000 euros á Cruz Vermella correspondentes a tres anualidades; unha situación que condiciona a viabilidade económica e limita a capacidade da entidade para continuar prestando servizos de interese para o noso municipio”.

O Grupo Municipal Popular lograra aprobar no pleno (cos votos a favor de todos os grupos, excepto o de Camiña Sarria) unha proposta para adoptar as medidas administrativas oportunas para proceder ao pago das liquidacións pendentes á Cruz Vermella, co fin de posibilitar que a entidade continúe coas accións e servizos recollidos no convenio. Nese sentido, López lamenta que “esta sexa outra proposta máis das aprobadas polo pleno que o goberno local deixa nun caixón”.