Carmen López pídelle ao Concello de Sarria que faga o posible para lograr a desafectación das vivendas dos mestres

SarriaXa

Os populares de Sarria urxen a realizar os trámites oportunos para dar solución definitiva á insalubridade e inseguridade das vivendas dos mestres situadas nos terreos do CEIP Frei Luis de Granada despois de coñecer que o Concello de Sarria recibiu un segundo requerimento para achegar documentación á Xunta e acadar a desafectación das vivendas e a súa titularidade.

PP Sarria vivendas mestres
PP Sarria vivendas mestres
23 sep 2023

Os populares de Sarria urxen a realizar os trámites oportunos para dar solución definitiva á insalubridade e inseguridade das vivendas dos mestres situadas nos terreos do CEIP Frei Luis de Granada despois de coñecer que o Concello de Sarria recibiu un segundo requerimento para achegar documentación á Xunta e acadar a desafectación das vivendas e a súa titularidade.

Así o dixo a voceira do Grupo Municipal Popular de Sarria, Carmen José López, quen condena “a falta de vontade” do goberno local para lograr a desafectación destes terreos, que permitirían cambiar o uso desas instalacións abandonadas e dotar de seguridade a zona.

“Ao non entregar a documentación necesaria, o goberno local asegúrase que non se desafecten. Está a entorpecer un trámite que permitiría avanzar nunha solución e evitar problemas á comunidade educativa e aos veciños que pasen pola contorna”, explica a popular.

O Grupo Municipal do PP presentou en marzo unha moción pola vía de urxencia para tomar medidas de forma urxente para garantir a seguridade na zona e impedir o acceso de persoas ao interior das vivendas, pero tamén para ofrecer unha solución definitiva que, ademais, responde a unha proposta dos veciños.

Carmen José López asegura que “é imprescindible conseguir a desafectación das antigas vivendas dos mestres para poder dedicalas a outros usos. Só dese xeito poderían ser transferidas ao Concello para, posteriormente, proceder ao seu derribo ordenado para construír, no espazo que ocupan na actualidade, un parque público municipal cuberto”.