Arredor de 300 persoas desfrutaron da XI edición do Festival Garitosis de Sarria

SarriaXa

O Festival Garitosis que tivo lugar este fin de semana en Sarria contou coa participación de arredor de 300 persoas, que se achegaron á capital da comarca sarriá para desfrutar dun fin de semana de música.

Festival Garitosis
Festival Garitosis
25 sep 2023

O Festival Garitosis que tivo lugar este fin de semana en Sarria contou coa participación de arredor de 300 persoas, que se achegaron á capital da comarca sarriá para desfrutar dun fin de semana de música.

Organizado pola Asociación Rúa da Música, o evento estivo marcado polas actuacións de Proyecto Valley, Dous Bos, Flying Boongaloos, Sound Sisters, Holy Damn e Javi Metals, que fixeron vibrar ao público na última actuación do sábado.

Desde a Asociación din que, a pesar de que non foi un evento moi multitudinario, "a intención era mantelo e non perder a edición deste ano, polo que a valoración é moi positiva".