O Concello perdeu máis de 31.000 euros da Xunta para o CIM, denuncia o Partido Popular

SarriaXa

O Partido Popular de Sarria denuncia que “a mala xestión por parte do goberno local que preside o señor Garrido leva ao Concello de Sarria a ter que reintegrar á Xunta unha parte da subvención en apoio ao Centro de Información á Muller (CIM) que xa lle fora en parte transferida”.

Carmen José López, PP Sarria
Carmen José López, PP Sarria
26 sep 2023

O Partido Popular de Sarria denuncia que “a mala xestión por parte do goberno local que preside o señor Garrido leva ao Concello de Sarria a ter que reintegrar á Xunta unha parte da subvención en apoio ao Centro de Información á Muller (CIM) que xa lle fora en parte transferida”.

Explican que o goberno local non cumpre cos requisitos mínimos previstos na normativa de aplicación para o funcionamento do CIM, "polo que o Concello perde máis de 31.500 euros que lle achegaba a Xunta”, sostén López. “De novo vemos como o goberno de Camiña Sarria segue perdendo subvencións”, lamenta a portavoz, Carmen José López. Ademais, engade que “nesta situación é especialmente grave porque o propio Concello recoñece non dispoñer dos medios necesarios de forma permanente e completa”.

Os populares consideran que “o Centro de Atención á Muller é un servizo que debe considerarse fundamental”. Nese sentido, “esiximos responsabilidade por parte do goberno local; xa que o CIM, entre outras funcións, atende a mulleres vítimas de violencia de xénero, unha das lacras desta sociedade”.