Celébrase en Cospeito a I Ruta do Cabalo

TerraChaXa

O sábado 9 de setembro, en Cospeito, terá lugar a I Ruta do Cabalo organizada pola Asociación Equina A Lagoa.

ruta do cabalo cospeito portada
ruta do cabalo cospeito portada
3 sep 2023

O sábado 9 de setembro, en Cospeito, terá lugar a I Ruta do Cabalo organizada pola Asociación Equina A Lagoa.

Esta proba, que non ten carácter competitivo, consiste nun paseo a cabalo no que poden participar todos os que queiran sempre que se fagan responsables do seu propio animal. A data límite de inscrición é o 6 de setembro.

A programación da xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción dos participantes no campo da Feira de Cospeito para desfrutar dun almozo gratis.

Ás 10.30 dará comezo a ruta, que se prolongará ata as 14.30 horas e na que se fará unha parada a media mañá para beber.

Finalizarán esta concentración ecuestre cunha comida dos participantes no propio campo da festa, xantar que estará amenizado polo grupo musical The Sound Project.

Neste xantar poden participar todas as persoas que o desexen, vaian a cabalo ou non.

ruta do cabalo cospeito