Organizan un curso de gancho todos os mércores en Muimenta

TerraChaXa

A Asociación Cultural Aquilino Iglesia organiza un curso de gancho da man de Canto's Artesanía.

curso gancho muinenta portada
curso gancho muinenta portada
5 sep 2023

A Asociación Cultural Aquilino Iglesia organiza un curso de gancho da man de Canto's Artesanía. Esta actividade terá lugar os mércores de 16.00 a 18.00 horas desde o 13 de setembro ao 28 de febreiro no local social de Muimenta.

Para inscribirse hai que acudir á mercería Teresa e a inscrición será por orde de chegada. As prazas son limitadas, haberá grupos de 10 ou 12 persoas e, no caso de alta demanda, crearase un segundo grupo.

O prezo será de 25 euros ao mes para socios e 30 euros para non socios. O primeiro pago realizarase coa inscrición na mercería e o resto o primeiro mércores de cada mes cando algunha persoa da directiva acuda a clase.

curso gancho muinenta