Asubíos da Chaira abre o prazo de inscrición para o próximo curso

TerraChaXa

O colectivo Asubíos da Chaira abriu o prazo de inscrición para o próximo curso, prazo que permanecerá activo ata o día 20 deste mes.

inscricion asubios chaira portada
inscricion asubios chaira portada
7 sep 2023

O colectivo Asubíos da Chaira abriu o prazo de inscrición para o próximo curso, prazo que permanecerá activo ata o día 20 deste mes.

Esta formación está dirixida a persoas a partir de 2 anos e sen límite de idade que poden aprender no grupo a tocar a gaita, pandeireta, acordeón, tamboril, bombo ou mesmo as cunchas e culleres. Ademais tamén se imparten clases de baile tradicional.

Os interesados en inscribirse poden facelo a través do teléfono 628631557 ou nas redes sociais do grupo.

inscricion asubios chaira