Convócase un novo taller para as persoas maiores en Cospeito

TerraChaXa

A praza Maior do Concello de Cospeito acollerá este martes, día 12 de setembro, de 11.

enredado cospeito portada
enredado cospeito portada
11 sep 2023

A praza Maior do Concello de Cospeito acollerá este martes, día 12 de setembro, de 11.00 a 14.00 horas, diante do concello de Cospeito, a iniciativa Enredando Tour R en colaboración con Cruz Vermella Española, de Lugo.

Esta iniciativa pretende acadar unha mellor integración dixital das persoas maiores a través de diferentes talleres formativos que poidan facilitarlles o uso das novas tecnoloxías. Como, por exemplo ensinarlles a usar as aplicacións de banca móbil, pedir cita médica a través do móbil, ensinarlles a buscar algo en internet, mandar un correo, un whatsapp, etc…

O alcalde de Cospeito, Armando Castosa, convida á veciñanza a participar nos talleres.

enredado cospeito