O club Biosbardo liderou as probas de Parada do Sil e Sarria da fin de semana

LugoXa

Esta fin de semana os combinados do CD Biosbardo percorreron as 4 provincias galegas con probas en Sarria, Xermade, Coruña, Ames, Compostela, Parada de Sil ou Vigo.

bisbardos
bisbardos
25 oct 2023

Esta fin de semana os combinados do CD Biosbardo percorreron as 4 provincias galegas con probas en Sarria, Xermade, Coruña, Ames, Compostela, Parada de Sil ou Vigo.

Na carreira dos Canóns do Sil Eneko Hurtado e Fran Sobrado quedaron campión e subcampión. Ata Parada de Sil desprazáronse os dous deportistas para a proba máis explosiva que percorre os balcóns que dan nome á proba. En máis de 7 quilómetros tiveron que superar os 400 metros de ascenso para coroarse campión e subcampión nesta proba tan esixente, na que a choiva foi a protagonista.

Eneko Hurtado dominou de principio a fin, descolgándose nos últimos quilómetros de Fran Sobrado, compañeiro de equipo. Ambos os dous cruzaron a meta afianzando o liderado lucense na proba.

No Desafío Internacional Ecocamiño 110k tamén houbo dominio biosbardo. Proba do calendario internacional da RFEA con saída ás 8 da mañá en Sarria e meta no Monte do Gozo. Emilio Montilla domina a súa categoría (M50) cun tempo de 10,52 afianzándose como cuarto absoluto da clasificación xeral (a moi poucos minutos do podio absoluto).

Esta é a primeira participación de Milo nunha proba desta distancia, que culminou de xeito moi satisfactorio e o coloca como primeiro clasificado no ránking galego da modalidade ultra en trail running.