Este sábado terá lugar unha clase de biodanza organizada pola Asociación Landra de Taboada

RibeiraSacraXa

A Asociación de Mulleres Rurais Landra de Taboada organiza para este sábado, 14 de outubro, unha actividade de biodanza no ximnasio da Casa da Cultura do Concello de Taboada de 17.

Asociación mulleres Rurais Landra Taboada
Asociación mulleres Rurais Landra Taboada
11 oct 2023

A Asociación de Mulleres Rurais Landra de Taboada organiza para este sábado, 14 de outubro, unha actividade de biodanza no ximnasio da Casa da Cultura do Concello de Taboada de 17.00 a 19.00 horas.

Así, coa colaboración dos socios, da Diputación de Lugo e do Concello de Taboada, celebrarán un evento no que mellorar a saúde mental e física das persoas participantes, que deberán pagar un prezo de 10 euros.

Alelí Taboada Rodríguez, psicóloga e facilitadora de biodanza será a encargada de impartir a clase, na que a través da música e o movemento, os asistentes aumentarán o nivel da súa saúde, comunicación e creatividade.

Biodanza Taboada