As aulas de música e baile tradicional para nenos e adultos do Incio comezan este sábado

SarriaXa
O incio acolle un curso de enxertos de castiros e árbores froiteiras, organizado pola Asociación As Cavarcas
actividades (2)
actividades (2)
2 oct 2023

As aulas de música e baile tradicional para nenos e adultos no Concello do Incio darán comezo este vindeiro sábado, 7 de outubro, e terán como prezo 10 euros ao mes por persoa.

As de música serán os sábados a partir das 16.15 con gaita e percusión de 7 anos, ás 17.15 música e movemento, ás 18.00 horas con gaita e percusión de adultos, e ás 19.30 horas acordeón para maiores de 8 anos e adultos. Tamén os sábado a partir das 17.00 horas serán as clases de baile de adultos e ás 18.00 horas as de nenos de 3 a 12 anos.

Estas actividades estarán impartidas por Daniel Fernández López, profesional da música que posúe o Grao Profesional na especialidade de Gaita e o Grao Superior na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular. Tamén impartirá clases Yolanda Álvarez Castro, formada dende os 3 anos nun amplo abano de estilos de baile, combinando a aprendizaxe en escolas privadas co conservatorio de danza.