O local social de Vila de Mouros do Incio acolle a proxección da película 'Coco'

SarriaXa

O Concello do Incio organiza para esta tarde de domingo unha actividade orientada aos máis pequenos e as súas familias con motivo do Samaín que se celebra no municipio.

local social Vila de Mouros O Incio
local social Vila de Mouros O Incio
29 oct 2023

O Concello do Incio organiza para esta tarde de domingo unha actividade orientada aos máis pequenos e as súas familias con motivo do Samaín que se celebra no municipio.

Así, esta tarde a partir das 17.00 horas proxectarase a película de Coco no local social da parroquia de Vila de Mouros, onde haberá palomitas para as persoas que se animen a participar.

A trama xira arredor de Miguel, un mozo de doce anos que é transportado accidentalmente ao mundo dos mortos, onde busca axuda para atopar ao seu tataravó músico falecido e así poder volver coa súa familia de entre os vivos e que esta quite a prohibición que impón aos seus membros tocar música.

cine Samaín O Incio