O curso 'Dixitalización na actividade agraria' chega a Láncara

SarriaXa

As persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Láncara están convidadas a participar dun curso de dixitalización na actividade agraria.

xornadas dixitalizacion pac castro
xornadas dixitalizacion pac castro
5 oct 2023

As persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Láncara están convidadas a participar dun curso de dixitalización na actividade agraria.

Así, as persoas interesadas en aprender sobre como dixitalizar o seu negocio poderán apuntarse ata o 11 de outubro, xa que o curso terá lugar os días 14, 21 e 28 de outubro na antiga escola de Láncara en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Esta iniciativa está organizada polo Sindicato Labrego Galego e a COAG, e coa colaboración da Asociación Val de Láncara, Formación Agroalimentaria e o Goberno de España.

dixitalizacion lancara